Sinala que "a plataforma está integrada por persoas de todas as ideoloxías que non nos presentamos ás eleccións nin a plebiscito algún”
Ecos da Comarca/A Ulloa
A Plataforma Ulloa Viva, diante dunha nova “falta de respecto do presidente da Xunta aos veciños e veciñas" volve pedirlle “respecto” a Rueda e que “non use á veciñanza coma mercadoría electoral”. A Plataforma lamenta ter que voltar a repetirlle ao presidente Rueda (por segunda vez no mesmo mes) que “somos veciños e veciñas, xente de todo o país, nunha loita apartidista contra unha macrocelulosa que ameaza o corazón de Galicia”. A voceira de Ulloa Viva, Marta Gontá, sinala que dentro da Plataforma Ulloa Viva hai xente de todas as ideoloxías e que Ulloa Viva “nin fixo campaña nin se presentou a unhas eleccións, polo que o predisente da Xunta debería ubicarse antes de falar”

A Plataforma critica o feito de que o presidente da Xunta coloque o resultado dunhas eleccións europeas coma “un aval á macrocelulosa, cando que saibamos os comicios non
eran un referéndum Altri si ou Altri non”. A Plataforma pídelle a Rueda “que exerza coma presidente de todos os galegos e as galegas”, e que “deixe de tentar politizar” ás máis de
20.000 persoas que o pasado 26 de maio saíron ás rúas en Palas de Rei para dicir alto e
claro Altri non, e proponlle a Rueda “facer un referendum Altri si ou Altri non se realmente
quere velo reflexado nunha votación”.
Publicidade
Marta Gontá voltou a pedir “respecto” e “comunicación” á Xunta coa Plataforma Ulloa Viva
“que deixen de agocharse detrás da empresa e que non permita que a señora Elena Candia diga que votar o PP é o mesmo que votar a unha empresa privada aínda que so sexa por decencia política... que se poñan diante dos veciños e veciñas para verbalizar o
que está escrito no proxecto que están patrocinando para a nosa contorna”. Ulloa Viva
considera “gravísimo” este “ataque gratuíto”. Marta Gontá lémbralle ao presidente da Xunta
ue “levamos dous anos pedindo explicacións sobre un proxecto que atenta contra o noso
modo de vida, o noso benestar e a nosa saúde, e ninguén da Xunta se dignou a dirixirse a
nós en ningún momento até o de agora”.
Publicidade
Por iso Ulloa Viva considera “fóra de lugar” que o propio presidente da Xunta “tente politizar á veciñanza que só demanda do seu goberno que se explique e que os escoite”. A voceira da plataforma explica que a ameaza de Altri sobre A Ulloa, Terra de Melide, Arzúa , Deza e Arousa deberían ser “as preocupacións” do Goberno galego. “Non é cuestión do resultado dunhas eleccións europeas, senón de que unha contorna enteira lle está a pedir continuidade da nosa vida e o noso futuro, da nosa economía, o noso medioambiente, os nosos proxectos e o noso modo de vida”. A Plataforma dille a Rueda que “está a tempo de parar esta barbaridade, escoitando á veciñanza, ás 23.000 alegacións presentadas contra o proxecto de Altri e ás máis de 20.000 persoas que saíron en Palas o 26 de maio á rúa para decirlle alto e claro ALTRI NON”.
Comments