top of page

Ulloa Viva estrea páxina web para informar sobre o proxecto de Altri e todas as súas actividades

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Informa de todos os preparativos da manifestación en Compostela do 15 de decembro


Laura Moure/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva estrea o seu sitio web, unha páxina con toda a información arredor do proxecto de Altri-Greenalia de instalar unha macrocelulosa en Palas de Rei, e todas as actividades que Ulloa Viva está a organizar e nas que participa en todo o territorio.

"www.plataformaulloaviva.com é un novo espazo web no que se explica quen somos

na plataforma veciñal e se ofrecen datos e información arredor de aspectos

relevantes do proxecto de Altri-Greenalia en Palas de Rei e os seus efectos en toda

a contorna. Terra, auga, aire, persoas, biodiversidade, o Camiño de Santiago e a

Ría de Arousa con algúns dos ítems tratados nesta web".

Captura da web da plataforma.
Captura da web da Plataforma.

"Este novo espazo da Plataforma é “unha web viva” en constante crecemento coas aportacións, temas e actualidade sobre o proxecto da macrocelulosa, desde distintos puntos de vista e sempre contando con visións de expertos que nos proporcionen a información que durante meses nos teñen negado tanto a Xunta de Galicia como Altri-Greenalia. A páxina ten por tanto actualizacións constantes e contidos novos e abertos ás aportacións e á participación", recalca a plataforma.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Manifestación 15D en Santiago

Espazo destacado na web teñen os preparativos de cara á manifestación do vindeiro 15 de decembro en Santiago. Baixo o lema “A Xunta non poderá calar todo un país” informa de aspectos organizativos e participativos arredor da importante cita que a loita contra Altri terá nas rúas de Compostela o 15D. O percorrido, espazos de participación e colaboración no desenvolvemento da protesta ou os autobuses desde distintos puntos do país cara Santiago son algúns dos datos que a Plataforma Ulloa Viva está a volcar na súa web, diante do aluvión de peticións de información a respecto que cada día chegan á plataforma por outras canles, pedindo información sobre o desenvolvemento do acto e solicitando formar parte da organización do mesmo.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page