top of page
Foto del escritorLaura Moure

Ulloa Viva celebra o sábado unha foliada en Brocos, onde Altri pretende captar 46 millóns de litros de auga ao día

Servirá tamén para recaudar fondos destinados á loita contra a instalación do complexo


Laura Moure/Agolada

Este sábado 20 de xullo celebrarase unha foliada popular contra Altri en Brocos (Agolada). A finalidade do evento será a de recaudar fondos para a causa, visibilizar o valor que ten a zona, e amosar de novo a capacidade mobilizadora de todo o territorio afectado polo macroproxecto. O espazo no que terá lugar esta Foliada Altri Non é especialmente significativo, pois transcorrerá ao pé do encoro de Portodemouros, moi perto de onde Altri pretende instalar o punto de captación de auga (1 km) e o punto cero das verteduras da macrocelulosa (2 km).


A Foliada dará comezo ás cinco da tarde do sábado, e o colectivo Agolada Viva, organizador do evento, ten xa confirmadas 25 persoas e grupos musicais que van a participar coa súa música na loita contra a instalación da macrocelulosa en Palas de Rei.

En canto ós músicos participantes, está confirmada a participación de referentes da música tradicional coma Fransy González, Davide Salvado, Bouba pandereteiras, Xisco Feijoo ou Carlos Quintá. A foliada será aberta e, polo tanto, aquel grupo ou persoa que queira sumar a súa voz será benvida. Haberá zona de aparcamento, servizo de bar e petiscos e venda de merchandasing da plataforma. O evento estará presentado por Dosinda, das Fillas Bravas.


Por outro lado, durante a tarde haberá un taller de estampación sobre teas para o cal cada quen poderá levar a súa bolsa, camiseta ou calquera lenzo no que desexen colocar o Altri

Non. Co fin de realizar unha foliada respectuosa ao máximo posible co medio empregaranse vasos reusables para a reducción de lixo e non se contará con megafonía

para a non produción de contaminación acústica.


Publicidade

Este evento festivo e reivindicativo servirá tamén para recaudar fondos destinados á loita

contra a instalación do complexo, que se atopa neste momento pendente das autorizacións da Xunta de Galicia. A primeira será a da captación de auga, 46 millóns de litros ao día do encoro de Portodemouros, que Altri-Greenalia pediu o pasado mes de decembro a Augas de Galicia, e que recibiu centos de alegacións en contra da veciñanza.


Dende o pasado 4 de marzo ademáis a Xunta tramita a Autorización Ambiental Integrada, a declaración de utilidade pública e o resto do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, aos que se presentaron máis de 23.000 alegacións.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page