top of page

Ulloa Viva celebra a exclusión de ALTRI do PERTE, pero advirte que non son as únicas axudas solicitadas

Lorenzana critica "a falta de seriedade do Goberno que volve discriminar Galicia na distribución dos fondos europeos"


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Plataforma Ulloa Viva celebra a exclusión de ALTRI dos fondos PERTE pero advirte

que non son as únicas axudas solicitadas. " De confirmarse a denegación a esta liña de subvencións, é unha moi boa noticia", subliña.

"A maior parte do financiamento pretendido por Altri será por outras vías. No momento en

que se coñeza o texto da denegación será moi relevante o criterio. Non hai que esquecer que o proxecto Altri depende de dúas resolucións (AAI e PEI) que van ser outorgadas pola Xunta con independencia de que teña ou non financiamento de axudas UE. A batalla continúa, con independencia da boa nova da negativa a esta subvención", recalca a plataforma.


E sinala que a empresa "ten declarado que ten solicitada outras liñas de financiación que pode facer posible a súa instalación, por iso a mobilización social é relavante en todas as

súas formas para poder dicir alto e claro que non queremos Altri. É importante para nós saber os criterios de denegación xa que o incumplimento dos principios DNSH (non causar dano significativo) é un criterio transversal que podería comprometer a concesión de outro tipo de liñas".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais a plataforma lembra tamén "que temos aberta unha campaña de financiamento colectivo en goteo para costear a batalla legal da plataforma veciñal que xa vai por máis de 25.000 euros de recadación e aproxímanse datas importantes en canto a mobilizacións: baixada en defensa do Ulla 4 de maio, concentración diante do Congreso dos Deputados o 8 de maio en Madrid e marcha contra as celulosas 1 de Xuño!".


Pola súa banda, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, criticou onte que Galicia está sendo “claramente discriminada” na distribución dos fondos europeos a través dos Perte (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica), que o Goberno, dixo, está facendo con “pouca seriedade e tecnicidade”.

A conselleira manifestouse así logo de que se coñecese que o proxecto de Altri en Palas de Rei e o de Ence nas Pontes quedan fóra do Perte de descarbonización. “Galicia está sendo claramente discriminada na distribución de fondos e, ademais, mesmo nos criterios que se empregan para considerar avaliable ou non un proxecto”, dixo, para remarcar que hai iniciativas doutras comunidades que resultaron beneficiarias dos fondos Next Generation “sen ter sequera comezado unha avaliación ambiental” que, para os proxectos galegos, “sempre se exixe”, asegurou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lorenzana quixo poñer de manifesto a “decepción” da Xunta de Galicia pola pouca seriedade e tecnicidade que está a ter o Goberno central “nunha cousa tan seria como é distribuír entre as empresas españolas os máis de 40.000 M€ dos perte, dos fondos europeos, que son para todas as empresas e que se están empregando dun xeito totalmente político”, remarcou.


Á espera de poder ter acceso á resolución, a titular de Economía e Industria criticou, ademais, o modo en que se deu a coñecer: “Non é o ministerio competente” quen o fai público, apuntou, nin foi a través dunha notificación ou dunha publicación, como determina a lexislación vixente que se han de comunicar os resultados dunha comisión de valoración dunhas axudas públicas, precisou.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page