top of page

Ulloa Viva afronta agora a estratexia administrativa e xudicial na súa oposición a Altri

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este domingo a Plataforma Ulloa Viva emitiu o seguinte comunicado a través do cal explica cales serán os seguintes pasos na súa oposición á instalación de Altri en Palas de Rei.

foto
A manifestación contra Altri do pasado mes de decembro en Compostela. Autor: Ecos da Comarca.
"Como todas sabemos, os informes que requiren a autorización do proxecto Gama de Greenfiber (Altri+Greenalia) están a piques de ser emitidos coa súa correspondente autorización. Isto fai que a Plataforma Ulloa viva teña que dar novos pasos no camiño ata agora transitado. Neste contexto, vimos de celebrar asemblea xeral extraordinaria co conxunto dos socios fundadores, de cara a consolidar as bases organizativas, a través da aprobación das novas socias nesta nova fase no proceso de mobilización e oposición fronte a Altri-Greenalia.

Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Dende hai dous anos está tendo lugar un proceso de organización, información, mobilización e recuperación da auto estima colectiva nunca antes visto no territorio. Todo o esforzo invertido por milleiros de persoas foi moito, persoas que ademais de atender ás súas vidas persoais, traballos, coidados e responsabilidades, decidiron adicar parte do seu tempo á loita contra este xigante que quere invadir o noso territorio; dende as primeiras persoas que se xuntaban de xeito espontáneo para facer actos informativos e traducir as miles de páxinas do proxecto, pasando polas persoas que ían informar porta a porta da posibilidade de alegar, ata as persoas que elaboraban unha listaxe de dúbidas e preguntas para levar ás charlas “informativas” que a empresa tentaba facer. Isto foi durante meses a base de traballo na veciñanza.
Ademais deste traballo individual de centos de persoas, dende a Plataforma Ulloa Viva foise dinamizando a conformación dunha rede de grupos territoriais que poidese canalizar a preocupación existente e transformala en acción. Xorden así os chamados Grupos Vivos, que de xeito orgánico e organizado coordinan accións nos seus respectivos territorios contribuíndo a gañar alcance e impacto na loita contra este proxecto. Todo isto permítenos falar dun dos procesos de mobilización social de maior calado na historia recente do país. A toda esta forza social súmase, por último, o esforzo e a adicación de ducias de colectivos, asociacións, organizacións e institucións de diversos eidos de coñecemento e acción, que impulsan as súas propias estratexias a prol de impedir a instalación da macrocelulosa.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Toda esta masa social, que encheu prazas e rúas, este auténtico río humano, ten ao seu alcance ser quen de culminar o proceso de resistencia frente a este xigante, e estar en condicións de alcanzar o obxectivo da plataforma. Neste senso, Ulloa Viva quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas, colectivos e organizacións que ao longo e ancho do territorio fan posible este movemento. Do mesmo xeito quere animar a que sigan con esta labor que veñen realizando.
Ante a inminente autorización da concesión de augas e a próxima autorización ambiental integrada (AAI), a Plataforma Ulloa Viva afronta agora a estratexia administrativa e xudicial, que estará centrada na creación dun equipo xurídico-legal que defenda o noso dereito a non ser asoballadas e a recadación dos fondos necesarios para levar a cabo esta labor inxente. Dende a Ulloa ata a Ría, terra, auga e aire son vida! ALTRI NON!"

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page