A distribuidora eléctrica de Naturgy incluíu no seu plan de investimentos varias actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica
Laura Moure/Lalín
UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 165.000 euros na mellora da rede de distribución eléctrica no municipio de Lalín, co obxectivo de aumentar a calidade o servizo no municipio. A compañía reforzou unha das liñas eléctricas que dan servizo ao municipio, incrementando a súa capacidade, cun novo tendido de 2.200 metros, que permitirá mellorar a subministración eléctrica tanto no núcleo urbano como no rural lalinense, diminuíndo os tempos de reposición en caso de incidencia. Para o delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, “o investimento realizado é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético de Lalín, xa que esta nova actuación aumentará a capacidade da rede de distribución do municipio, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia no municipio.”
UFD está tamén tramitando o novo proxecto da liña de alta tensión Irixo-Lalín, de 21,5 quilómetros, que propón un novo trazado á chegada de Lalín ao soterrar 4,3 quilómetros de liña pola estrada N- 525, evitando calquera tipo de afección á zona de Casas Vellas. A distribuidora eléctrica de Naturgy retomou así un proxecto imprescindible para a comarca de Deza, nun esforzo de compatibilizar a subministración eléctrica de calidade aos habitantes e industrias da zona co mínimo impacto social e ambiental das súas instalacións.
Publicidade
A construción da LAT Irixo – Lalín permitirá pechar o circuíto que alimenta a subestación de Lalín coa subestación de Irixo, de forma que existan dúas fontes de alimentación á zona, o que garantirá a subministración de enerxía eléctrica aos 14.000 puntos de subministración da comarca. A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida. Presenza de UFD en Pontevedra e en Galicia
UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia de Pontevedra 4.800 km de rede de alta e media tensión, 11.800 km de rede de baixa tensión, 33 subestacións e 5.000 centros de transformación, e dá servizo a máis de 515.000 puntos de subministración. En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión. A distribuidora eléctrica investiu 222 millóns en 2023 na dixitalización e mellora das súas máis de 60.000 quilómetros de rede en Galicia, o que supón un incremento do 60% con respecto ao ano anterior.
Publicidade
Só no últimos cinco anos, o investimento de UFD superou os 723 millóns de euros para reforzar as súas infraestruturas en Galicia, co foco posto na mellora da calidade de servizo aos seus clientes. Estes investimentos centráronse en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telegestión dos puntos de subministración, no telecontrol e sensorización das redes, así como no robustecimiento das infraestruturas, co obxectivo de integrar o incremento da xeración renovable. O esforzo realizado pola compañía en sensorización e dixitalización das súas infraestruturas permitiu a mellora da calidade do servizo medida a través do tempo de interrupción equivalente á potencia instalada (TIEPI). O indicador que mide a calidade da subministración eléctrica, o tempo de interrupción equivalente á potencia instalada (TIEPI), sinala que a interrupción media do servizo foi de 41,1 minutos durante o ano pasado, cunha mellora do 35% no últimos cinco anos.
Commentaires