top of page

UCIN: "Os mozos galegos alertan de trabas na utilización do Bono Cultural"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN sinala que os mozos galegos "alertan de trabas na utilización do Bono Cultural. Non pode dicirse que o Bono Cultural Mozo vaia sobre rodas. Innumerables queixas están a chegar a Unión de Cidadáns Independentes pola complexidade do procedemento e polos fallos da web habilitada para realizar o trámite, que se suman as denuncias de mozos co funcionamento do sistema para que os usuarios utilicen a tarxeta".

FOTO  CON MÓVIL

Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Indica que houbo varios intentos en diferentes comercios "nos que comprobou a imposibilidade de pagar co Bono Cultural Mozo, o que denota dalgunha maneira o fracaso e a “farsa” deste proxecto por parte do Goberno que parece que só beneficia ás grandes corporacións no canto da o comercio local". "Un movemento con dobre finalidade, facilitar o acceso dos públicos máis novos á cultura e revitalizar e dinamizar a industria cultura que ocasionou incidencias".


PUBLICIDIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

UCIN Galicia recalca que sería conveniente correxir os numerosos erros que lastra. "Por exemplo, mellorar a operativa para darse de alta, tanto para usuarios como para establecementos adheridos. Ante as variadas negativas na que os usuarios do bono reciben en establecementos físicos e virtuais para poder utilizar a tarxeta do Bono Cultural Mozo en repetidas ocasións, decidimos denuncialo publicamente. Un exemplo, a cidade de Lugo, os adolescentes que teñen o bono cultural, non o poden usar case en ningún sitio, todas son trabas, en cines, empresas etc... O Ministerio ponlles moitas trabas burocráticas aos empresarios e estes non están polo labor".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page