top of page

UCIN Galicia reclama medidas urxentes de restauración e apoio á cidadanía tras os incendios

Ecos da Comarca/Xeral

A Unión de Cidadáns Independentes de Galicia (UCIN Galicia), está a percorrer as zonas máis afectadas polos recentes incendios forestais co obxectivo de avaliar o estado do territorio, coñecer as necesidades da veciñanza e esixir ás administracións públicas unha resposta á altura da gravidade da situación.


Recoñecemento da magnitude dos lumes

UCIN Galicia considera necesario que as institucións recoñezan a dimensión real da vaga de incendios. Referirse ao sucedido como queimadas de “matogueira e pedra”, como fixo

recentemente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supón minimizar a gravidade dunha

das peores crises ambientais dos últimos anos. "Galicia perdeu miles de hectáreas de valor ecolóxico e produtivo, e esta realidade require da máxima seriedade, compromiso e

respecto".

Restauración e prevención de riscos ambientais

Unha das principais preocupacións de UCIN Galicia é a vulnerabilidade das zonas de forte pendente, como Valdeorras ou Trevinca e Costa da Morte, onde os solos queimados corren un alto risco de erosión e arrastre cara aos cursos fluviais. "Sen unha actuación urxente, podería xerarse unha auténtica “marea negra” de cinzas e sedimentos, con consecuencias moi graves para os ecosistemas acuáticos e para a calidade da auga".


A formación xa advertira deste perigo en comunicados anteriores e volve insistir na necesidade de poñer en marcha plans de restauración inmediatos, con medidas de estabilización do solo, recuperación da cuberta vexetal e protección das ribeiras.


Simplificación administrativa e apoio real á cidadanía

Ademais do dano ambiental, a poboación afectada enfróntase a unha segunda dificultade: a excesiva burocracia para poder acceder ás axudas. UCIN Galicia considera imprescindible que as administracións simplifiquen os procedementos e garantan que as compensacións económicas e os programas de apoio cheguen de maneira rápida e efectiva a persoas, familias e concellos damnificados.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Propostas de UCIN Galicia

Para facer fronte á situación actual e mellorar a prevención futura, UCIN Galicia propón:

1. Incremento de brigadas de prevención e extinción durante todo o ano, especialmente nas zonas de maior risco.

2. Plan de restauración de solos e ribeiras nas áreas queimadas con forte pendente, para evitar procesos erosivos e contaminación fluvial.

3. Creación de fondos de emerxencia específicos que permitan unha resposta rápida ás familias e concellos afectados, evitando atrasos administrativos.

4. Simplificación urxente dos trámites burocráticos para acceder ás axudas, reducindo prazos e requisitos innecesarios.

5. Impulso á xestión forestal sostible, promovendo o mosaico agroforestal e incentivando o aproveitamento económico responsable do monte.

6. Plan galego de educación e sensibilización ambiental, con especial atención á prevención de incendios e á posta en valor do patrimonio natural.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Compromiso de UCIN Galicia

“Non podemos permitir que, ademais de perder o noso monte, a nosa xente quede atrapada nun labirinto burocrático. Galicia merece unha resposta seria, eficaz e inmediata”, sinalou o coordinador autonómico, José Luis Calo.


UCIN Galicia reafirma o seu compromiso de continuar presente nas zonas afectadas, acompañando á cidadanía, apoiando ás entidades locais e reclamando solucións reais e

duradeiras fronte á praga de lumes que cada ano golpea o país.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page