top of page

UCIN Galicia: "Nin unha menos. Vivas querémolas!"

Ecos da Comarca/Xeral

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, expresou este domingo o seu "máis profunda consternación" e a súa "firme condena ante o crime machista na Coruña". Dende Unión de Cidadáns Independentes unímonos ao berro de «Nin unha menos. Vivas querémolas!», unha consigna que queremos manter dende a formación, en reclamo das vidas roubadas de mulleres en toda España.

"No que vai de 2025, rexistráronse 7 mortes por violencia de xénero. O ano 2024 pechou con 47 mulleres asasinadas por violencia de xénero. O CGPJ destaca que a violencia de xénero segue sendo unha realidade intolerable, a pesar dos esforzos por combatela. É fundamental estudar novas estratexias e fórmulas para combater a violencia machista", recalca.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, apunta que se necesitan "enfoques integrais que aborden a prevención, a detección temperá, a atención a vítimas e a reparación, así como a transformación das relacións desiguais de poder baseadas no xénero. Sen esquecernos da igualdade de trato tamén para as persoas con discapacidade e para a comunidade LGBTQI+ (lesbianas, gais, bisexuais, transxénero, queer, intersexuales e outras identidades non mencionadas) e, en xeral, o respecto dos dereitos humanos no mundo".







Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page