UCIN Galicia: "Hai unha necesidade de mellorar a xestión do xabaril, que supón un gran problema"
- ecosdacomarca
- 21 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN Galicia) sinala que "hai unha necesidade de mellorar a xestión do xabaril, que actualmente supón un gran problema en Galicia". Recalca que o repunte que está a ter de novo o xabaril causa enormes perdas nas
explotacións.

Publicidade
"Os danos na agricultura e gandería, os perigos para a seguridade viaria ou a inseguridade que crea entre os veciños de núcleos urbanos non son o único problema co xabaril, tamén está o sanitario. Dende Unión de Cidadáns Independentes, cremos que a Xunta de Galicia unha vez máis está a tomar medidas tardías en referencia a este tema, 40
comarcas (13 na Coruña, 10 en Lugo, 11 en Ourense e 6 en Pontevedra) que comprenden 260 concellos (77 deles coruñeses, 57 lucenses, 87 ourensáns e 39 pontevedreses) e o 85% da superficie de Galicia está afectada. Xa non son só danos en terreos propiedade do
sector agrogandeiro, senón que se suma a sinistralidade viaria".
O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, sinala que propoñen "a creación dun protocolo de rápida actuación contra os danos ocasionados polo xabaril nos cultivos e un plan no cal se reduzan os trámites, o tempo de actuación e un procedemento específico de colaboración cos concellos en zonas urbanas para facer fronte á presenza do xabaril".
Comentarios