top of page

UCIN Galicia: "Están a tomarnos por parvos"

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, escribe un artigo de opinión sobre os residuos nucleares vertidos no Atlántico durante décadas



José Luis Calo/Xeral


ARTIGO DE OPINIÓN

Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión que nos enviou José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.

José Luis Calo.
José Luis Calo.

"A frase “lavarse as mans” no contexto político español é unha metáfora que describe a acción de desentenderse dunha responsabilidade ou dun problema, evitando así asumir culpas ou consecuencias. Estes días vemos como Greenpeace alerta de que os 1.000 bidóns radioactivos localizados, son só unha mínima parte dos residuos nucleares vertidos no Atlántico durante décadas. Por que o Executivo central non fixo nada durante décadas? Pasaron gobernos de ambas cores, e ten que vir unha expedición francesa a localizar bidóns radioactivos fronte ás costas galegas e “sacarnos as castañas do lume”, como ben nos di a metáfora, resolverlle un problema complicado a outra persoa, a miúdo asumindo un mesmo os riscos ou o esforzo que esa solución implica.


A súa orixe atribúese á fábula de “O mono e o gato” da Fontaine, onde o mono convence ao gato para que saque as castañas do lume, arriscándose a queimarse as mans. Será que os políticos do noso país ningún se quere queimar as mans? Están a tomarnos por parvos. A conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, denunciou que “Galicia non ten ningún tipo de dato” sobre a expedición francesa, “miña nai”. Pero si que tiñan coñecemento desde hai anos de que iso se levaba a cabo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Acórdanse de José María Aznar ou Mariano Rajoy, gobernaron ou non gobernaron o Executivo central? Pois ben, señor Sánchez e señor Rueda, a misión científica xa identificou os primeiros 1.000 contedores de residuos nucleares dos aproximadamente 220.000 que foron vertidos durante décadas no século XX na fosa atlántica, a uns 700 quilómetros de Galicia.


O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) é o organismo encargado da protección radiolóxica e da xestión de residuos radioactivos en España. En caso de verteduras ou

achados de bidóns radioactivos, as autoridades e organismos competentes, como o Goberno galego, deben coordinarse para buscar solucións e levar a cabo os labores

de seguimento técnico e ambiental.

Publicidade

A que esperan entón? A seguir pasándose a pelota duns a outros. Como representante dunha organización política en Galicia, apoiamos o chamamento da organización ecoloxista Greenpeace, reclamando que tanto a Unión Europea, como o goberno español asuman as investigacións para determinar o estado dos 220.000 bidóns con residuos radioactivos depositados na fosa atlántica".


José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page