top of page

UCIN Galicia denuncia "a falta de transparencia ante os proxectos de parques eólicos da Xunta de Galicia"

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN Galicia denuncia "a falta de transparencia ante os proxectos de parques eólicos da Xunta de Galicia, xa que a maioría destes parques están  previstos en zonas de enorme riqueza natural, histórica, paisaxista e  arqueolóxica".

Proxectos, explica, "nos que están inmersos o executivo galego e o Ministerio  para a Transición Ecolóxica, organismos que reman a favor dos beneficios das compañías eléctricas. O Tribunal Supremo avalou as suspensións cautelares do  Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de dous parques eólicos. Un deles é  o de Troitomil, entre os municipios coruñeses de Negreira e A Baña; o outro, o de  Ventumelo, entre as provincias de Ourense e Lugo. En senllas providencias, o  tribunal non admite a trámite os recursos que presentaran a Xunta e as empresas  promotoras contra a suspensión cautelar, decidida polo Tribunal Superior de  Xustiza de Galicia para evitar danos irreversibles se as iniciativas se construían a  pesar de que despois de chegase a demostrar algunha presunta ilegalidade".


José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, denuncia a industrialización do monte  galego. "Estas decisións do Tribunal Superior afectan só a eses dous proxectos, se  ben fai pensar que se sostería tamén a suspensión temporal e cautelar de varias  decenas máis. Dende Unión de Cidadáns Independentes é difícil para nos  entender que xa durante os catro anos do Goberno PSOE e BNG na Xunta, foron  os que autorizaron máis parques eólicos que en doce anos de Goberno Feijóo,  agora esixan o que eles fomentaron".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo isto, subliña que "apoiamos a presión social que se está  levando a cabo e demandamos unha normativa que sexa sometida a un  rigoroso proceso de avaliación, que conte coas máximas garantías técnicas,  ambientais e xurídicas".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page