top of page

UCIN Galicia denuncia a “falta de conexións internacionais" no Aeroporto de Rosalía de Castro

Ecos da Comarca/Xeral

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) en Galicia denuncia a “falta de conexións internacionais ” no aeroporto Rosalía de Castro situado na capital galega. O responsable provincial de UCIN en Galicia José Luis Calo denuncia “o abandono e deixamento ” coa que a Xunta de Galicia e o goberno municipal de Santiago de Compostela (BNG) están a actuar.

Calo sinala que “están a condenar ao aeroporto de Santiago coa falta de voos internacionais, cunha pésima xestión e inoperancia que prexudica aos galegos e ao turismo internacional ” e recalca que "o illamento aéreo que sofre a capital de Galicia terá impactos negativos no emprego e turismo".


Publicidade

UCIN anunciou que “promoverá unha fronte para tratar de instar á Xunta de Galicia e goberno local a dar unha solución á falta de conexións que sofre o Aeroporto Rosalía de Castro".

0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page