UCIN denuncia "o abandono sistemático do Goberno estatal e Xunta coas infraestruturas de Deza"
- ecosdacomarca

- 21 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Unión de Cidadáns Independentes denuncia "a falta de investimento en estradas e
servizos nos seis municipios da comarca de Deza" e demanda unha batería de iniciativas
ás administracións para recuperar o tempo perdido.

Denuncia "o estado deficiente das estradas nacionais que atravesan a comarca,
cunha rede viaria provincial que aglutina 89 estradas en Deza e Tabeirós que suman 547 quilómetros en malas condicións debido á falta de investimento en mantemento durante anos, esta situación está a provocar un aumento da sinistralidade e un maior risco de accidentes na provincia. Este territorio está vertebrado polas diferentes vías de alta densidade como a AP-9 e a AP-53, ademais das estradas nacionais, autonómicas e provinciais, así como os miles de pistas municipais".
Publicidade
A conservación das vías de comunicación de titularidade local, apunta, "é un dos retos dos concellos pois en casos como o de Lalín, por exemplo, a súa rede de pistas abarca uns 1.000 quilómetros. Pero tamén teñen moito peso na estrutura viaria a rede de estradas da Deputación, que no conxunto da provincia suman 373 e, á súa vez, 1.682 quilómetros".
Publicidade
José Luis Calo coordinador UCIN Galicia sinala que "demandamos infraestruturas que servan aos veciños que se centren na mellora de servizos básicos e a adecuación de espazos públicos. Isto inclúe a optimización do transporte público, a mellora da accesibilidade a servizos esenciais como a atención médica, e a creación de espazos de convivencia e recreación. Ademais, a atención ás necesidades específicas de cada localidade é fundamental para garantir unha distribución equitativa dos recursos e unha mellora integral da calidade de vida de todos os cidadáns".








Comentarios