top of page

UCIN acusa ao PP de “xogar coa saúde” dos pacientes no Hospital Clínico de Santiago

Ecos da Comarca/Xeral

José Luis Calo, coordinador de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) denuncia a “situación crítica” das Urxencias do Hospital Clínico de Santiago, referente para toda a comarca. "Persoas en estado grave colocados en cadeiras de rodas e padiolas nos corredores de acceso, botando horas ou días antes de asignarlles unha cama", asegura.

Ademais, sinala que "hai un deterioro constante que se ve agravado pola falta de contratación de persoal, que se apoia na precaridade dos contratos. A falta de vontade política e de gasto orzamentario en chiringuitos e entidades paralelas (fundacións, consorcios, axencias e empresas públicas) da Xunta, fai que a sanidade pública galega estea nunha “situación crítica” pola falta de recursos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Calo sinala que “isto é unha estratexia privatizadora sen límites que está levando acabo Alfonso Rueda e o Partido Popular”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page