top of page

UCIN: "A Xunta asfixia á sanidade galega"

Ecos da Comarca/Xeral

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN), reclama con urxencia a posta en marcha dun servizo de pediatría en boa parte de Galicia. Segundo datos que achega SOS Sanidade Pública, 201 concellos galegos, o que supón o 64,2% dototal, non contan con atención pediátrica.

foto

Os pediatras alertan do “esgotamento” do sistema. O 15% das prazas de pediatría sen cubrir no SERGAS. "O «déficit» de persoal na sanidade, especialmente, en atención primaria, vai en aumento. A situación agrávase especialmente no medio rural, onde as dificultades de comunicación e transporte supoñen unha discriminación inaceptable para as familias. A Asociación Española de Pediatría (AEPap) alerta que en Galicia as estimacións apuntan a uns 40.000 menores nesta situación. Isto deixa aos sanitarios totalmente desbordados en moitos puntos".


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

José Luis Calo, coordinador de UCIN en Galicia, destaca que "non se debe xestionar a sanidade desde unha perspectiva ideolóxica, como sucede actualmente cos partidos políticos que nos representan no Parlamento galego, senón tendo en conta o benestar da cidadanía. Estamos a vivir unha situación de déficit de pediatras en atención primaria que

implica unha asistencia inadecuada a un grupo de poboación vulnerable como son os nenos, supoñendo unha dificultade para concertar unha cita programada co profesional asignado e unha sobrecarga dos profesionais restantes ao ter que atender ademais dos seus pacientes os dos seus compañeiros ausentes".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Isto, subliña Calo, " tradúcese nunha deficiente asistencia cun aumento na posibilidade de cometer erros, atrasos no diagnóstico de patoloxías potencialmente graves , en resumo en

que os menores non teñan unha asistencia de calidade, correcta e eficiente".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page