top of page

Txetxu Sebio, María Pedreira e Adrián Riádigos súmanse á candidatura do BNG de Vila de Cruces

Laura Moure/Vila de Cruces

Txetxu Sebio, María Pedreira e Adrián Riádigos tamén se suman á candidatura do BNG de Vila de Cruces liderada por Álex Fiuza.

Txetxu Sebio Molguero, 49 anos, é técnico de explotacións agropecuarias, traballa na conservación e mantemento de zonas verdes, reside en Piloño, pai de dous fillos. Persoa

comprometida co medioambiente, involucrado no activismo asociativo, como A.N.P.A.S e

asociacións medioambientais.


Despois de catro anos na organización local do BNG, “preséntome ás eleccións coa ilusión de que o traballo que se leva facendo todo este tempo, sexa tan só a base para a consecución dun proxecto fundamental para Vila de Cruces, como é o de potenciar e fomentar emprego para que as xeracións que veñen detrás poidan enraizar o seu futuro onde naceron.”


María Pedreira Ferreiro, 32 anos, natural e residente en Xordedo (Santomé de Insua), graduada en farmacia na USC., dende hai uns anos desempeña a súa vida laboral nunha

farmacia da vila como farmacéutica adxunta. Afronta a súa primeira experiencia na política municipal, no posto 9 do BNG “porque me preocupan os presentes problemas dos veciños e veciñas e a perda de servizos”, e decidiu “saír da zona de confort apostando por un equipo empático coa veciñanza, e coa convicción de formar parte dun proxecto realista que vele pola saúde e o benestar da xente de Vila de Cruces”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Adrián Riádigos Villar, 41 anos, residente en San Tomé de Obra. Exerce de Responsable de equipo de Seguridade Privada e é copropietario da explotación de Rubia Galega en San Tomé. Adrián é unha persoa activa na protección do medio ambiente e tamén a súa forma de vida a través do deporte, concretamente coa Federación Galega de Montañismo.


Unha nova incorporación, a cal ocupa o posto 10 da candidatura, porque “teño o convencemento de que o BNG saberá como xestionar e apoiar o deporte local, e utilizalo como ferramenta para potenciar novas alternativas deportivas á veciñanza, e atraer xente a disfrutar das nosas paraxes, gastronomía e hospitalidade, así como axudar na medida do posible a que o palmarés dos e das nosas deportistas siga medrando”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page