top of page

Turismo de Galicia garante a continuidade do actual albergue de Silleda por un período de 15 anos

O acordo de colaboración entre a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e o goberno local pon fin á situación xerada tralas diferencias entre a propietaria do terreo e goberno municipal


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, vén de garantir a continuidade do actual albergue de peregrinos e Silleda por un período de 15 anos. Así o recolle o convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Silleda que se compromete a ceder os terreos nos que sitúa na actualidade o albergue tamén por este período. Así o recolle o convenio de colaboración asinado entre a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e o Concello que permite desbloquear a situación derivada de diferencias entre a propietaria dos terreos nos que se sitúa o albergue de peregrinos de Silleda e o goberno local.

Xunta e Concello dan continuidade ao albergue de peregrinos de Bandeira nas mesmas instalacións ata a actualidade pese a que recentemente se produciron certas diferencias entre a propietaria do terreo e o goberno municipal que cuestionaban as condicións do servizo que se presta aos peregrinos no Camiño Mozárabe-Vía da Prata.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En virtude do convenio asinado, o Concello cede o terreo actual do albergue e Turismo de Galicia comprométese a manter abertas ditas instalacións, a asumir os custos funcionais do edificio, a obter os permisos, licencias e autorizacións para a explotación, xestión e mantemento do inmoble e a sufragar as obras de mantemento e equipamento das instalacións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O acordo recolle tamén que no caso en que se producise algunha incidencia relacionada coa propiedade que impedise o uso do terreo, será por conta do Concello a obtención dun novo terreo cos servizos básicos. Neste caso, será por conta da Xunta, a adecuación do novo terreo e os gastos de traslado e nova instalación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page