top of page

Tronceda, en Arzúa, escolle este sábado a súa alcaldesa ou alcalde pedáneo

Laura Moure/Arzúa

Este sábado, día 28, a veciñanza de Tronceda (Arzúa) votará para elixir a súa alcaldesa ou alcalde pedáneo, votando por unha das tres persoas candidatas presentadas. O proceso comezará ás 19:30 horas e celebrarase na porta da igrexa deste lugar, onde se habilitarán urnas para que un total de 22 persoas censadas nesta parroquia poidan exercer o seu dereito a voto. O peche das urnas terá lugar ás 19:50 horas.

Outras parroquias xa elixiron a súa representante ao presentarse unha única persoa candidata, mentres que o Concello seguirá en contacto coa veciñanza das parroquias que aínda non participaron no proceso, co obxectivo de garantir que todo Arzúa teña a súa representación.


Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, expresou o seu agradecemento: “Agradecemos á veciñanza o compromiso, a implicación e o interese por dinamizar e participar na vida do concello. Crear espazos e mecanismos de participación veciñal é, e será sempre, unha prioridade para este goberno.”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Hai moitos anos que a figura da alcaldesa ou alcalde pedáneo estaba desaparecida, pero o alcalde confía en que a colaboración entre o concello e as pedanías permita consolidar novamente esta figura, esencial para coñecer a realidade de cada unha das 21 parroquias do municipio que escollen representante.


“Esperamos que, nos próximos anos, teñamos máis candidatas e candidatos, así como máis procesos de elección como o deste sábado en Tronceda, que reforcen a participación da veciñanza e contribúan a mellorar a vida no noso Concello", subliña o mandatario.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page