top of page

Troiteiros Río Furelos solicita aos Concellos de Melide e Toques actuacións no entorno deste río

Laura Moure/Melide

A Asociación Troiteiros Río Furelos rexistraron nos Concellos de Melide e Toques as súas respectivas solicitudes para mellorar aspectos que afectan ao entorno e á praia fluvial do río Furelos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Debido ás inclemencias do tempo e falta de mantemento nos últimos anos por parte das distintas administracións (Concellos de Melide e Toques), a Pasarela de Guillar compartida por ámbolos dous concellos está nun estado lamentable e de abandono, totalmente degradando o seu entorno e que ofrece unha imaxe nefasta e que contradí as distintas actuacións levadas a cabo polos Concellos en materia medioambiental como se pode comprobar a simple vista e presenta un risco para os veciños (Guillar - Melide e San Martiño -Toques), pescadores e camiñantes que intentan cruzar por ela e necesaria para salvar o río Furelos". Polo tanto, este colectivo solicita ao Concello de Melide e ao de Toques que se realicen os trámites pertinentes para a adecuación e acondicionamento da mesma pasarela de Guillar, situada nun espazo de Rede Natura 2000.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tamén como consecuencia das inclemencias do tempo e falta de mantemento nos últimos anos sinala que "o regato das Quellas ou Sandión, que nace na Serra do Careón e que transcorre principalmente pola parroquia de San Martiño (Toques), desemboca na Tosta do Ruzo ou Praia Fluvial do río Furelos, marcando os límites entre os concellos Toques e Melide, provocou a caída de parte das varandas de madeira, presentando un estado lamentable e de abandono. Mesmamente foille comunicado ao Concello de Toques esta circunstancia xa que está dentro dos límites de este Concello" polo tanto solicita tanto a este Concello como o de Melide "que se realicen os trámites pertinentes para a adecuación e acondicionamento do entorno ante a necesidade de recuperar un espazo protexido pola Rede Natura, totalmente degradado e que ofrece unha nefasta imaxe e que contradí as distintas actuacións levadas a cabo polos Concellos en materia medioambiental como se pode comprobar a simple vista e presenta un risco para os veciños, visitantes, pescadores e camiñantes".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page