top of page

Troiteiros Río Furelos executan actuacións de conservación e limpeza no tramo acoutado deste río

Esta asociación agrade o "labor desinteresado, o entusiasmo demostrado e o compañerismo dos voluntarios"


Laura Moure/Melide

Os pasados sábados 23 e 30 de setembro, membros da Asocicación de Troiteiros Río Furelos levaron a cabo actuacións puntuais de prevención. O colectivo executou actuacións de conservación e limpeza no tramo acoutado do río Furelos. Traballos enmarcados nas actuacións de mantemento que veñen realizando para evitar inundacións dentro do posible.

As tarefas céntranse nunha roza puntual, selectiva, así como a retirada de árbores e ramas caídas no cauce para evitar o atascamento da auga. Unha vez rematadas as actuacións o río Furelos quedará despexado da maleza, posibilitando así unha circulación fluida da auga polo seu cauce.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Estas intervencións puntuais contribuen “ á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medio ambientais e o uso social na contorna do río Furelos”, sinala a asociación. "Tamén poñemos en coñecemento da cidadanía e dos concellos de Melide e Toques, a falta de mantemento en infraestruturas vitais como son a Pasarela de Güillar (compartida polos dous dous concellos)".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Directiva da Asociación de Troiteiros Río Furelos quere agradecer e destacar unha vez máis aos voluntarios "a súa labor desinteresada, o entusiasmo demostrado, compañerismo e ben facer a prol do río Furelos, destacando nunha frase todo o vivido e realizado: ESPECTACULAR".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page