Troiteiros Río Furelos denuncia a presenza de perca negra a menos de 50 metros deste río melidense
- Laura Moure

- 30 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
A Asociación Troiteiros de Melide denuncia a presenza de Black Bas ou Perca Negra, especie alótona e prohibida a menos de 50 metros do río Furelos. O colectivo xa comunicou a situación á Xunta de Galicia.

"Nunha das charcas que está na canteira preto do río Furelos e Catasol, en Melide, hai unha gran presenza de Black Pas ou Perca Negra. Algo que se pode comprobar a simple vista e que teñen distintos tamaños e idades, dando a entender que a súa presenza no lugar xa vén de anos atrás".
Publicidade
O colectivo xa enviou esta semana, o pasado 28 de agosto, un escrito á Xunta de Galicia para comunicar esta situación. E no mesmo solicita que "se identifique a persoa ou persoas implicadas por tratarse dunha zona privada e dunha especie invasora; que se retiren para evitar danos maiores dado a súa cercanía ao río Furelos e que se nos informe das xestións levadas a cabo".
Publicidade
Por outra banda, tamén remitiu ese mesmo día outro escrito a esta administración a través do cal expón "que na praia fluvial de Melide no río Furelos hai unha zona delimitada de prohibido o paso que ten unha fuga de auga das piscinas" polo que solicita que "se investigue dita fuga por estar preto do río Furelos e as súas posibles consecuencias".








Comentarios