Ecos da Comarca/Silleda
O municipio de Silleda rexistrou esta tarde un accidente de tráfico. Foi arredor das cinco da tarde cando un particular daba conta ao 112 do sinistro. Tratouse dunha colisión no quilómetro 303 da N-525, ao seu paso por Silleda, e que deixou tres feridos que foron trasladados en ambulancia.

O alertador indicou, tal e como informa o 112, de que se tratara dunha colisión frontal entre un coche e unha furgoneta, e comunicaba a posibilidade de que tres persoas estiveran feridas. Mentres que os dous ocupantes da furgoneta permanecían no interior do vehículo, a outra persoa implicada atopábase tendida na vía.
Dende o 112 coordinouse a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Deza e da Policía Local de Silleda. Unha vez no punto, o persoal sanitario prestou asistencia médica aos feridos. Por unha banda, a condutora do turismo foi levada ao Punto de Atención Continuada de Silleda, mentres que os outros dous implicados foron trasladados ao hospital de Santiago.
Comments