Ecos da Comarca/Lalín

Este xoves produciuse un accidente de tráfico no concello de Lalín. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse con tres persoas feridas. O 112 Galicia foi alertado ás 18:39 horas.
Publicidade
Foron varios os particulares que contactaron con 112 Galicia. Este sinala que "tratouse dunha colisión frontal no quilómetro 7 da estrada EP- 6004 á altura da parroquia de Barcia".
Publicidade
Ademais sinala que cando o chamaron indicaban que era preciso a intervención dos servizos de emerxencia porque había feridos no interior dos vehículos. "Pero tempo despois os Bombeiros de Deza comunicáronnos que había tres persoas feridas, pero que estaban liberadas e accesibles".
Publicidade
Ademais dos Bombeiros de Deza, o 112 avisou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao GES de Lalín.
Comentarios