Tres persoas feridas en Monterroso nunha colisión entre un turismo e unha ambulancia
- ecosdacomarca
- 20 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Unha colisión entre un turismo e unha ambulancia en Monterroso deixa a tres persoas feridas, unha delas atrapada, tal e como informa o 112 Galicia.

Debido a que as portas do turismo non abrían, os equipos de emerxencia desprazados ata o lugar do accidente tiveron que empregar o material de excarceración.
O 112 Galicia foi coñecedor do suceso mediante o aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao fío das 21 horas o persoal sanitario contactou cos xestores de emerxencias para informar de que unha das súas ambulancias acabara de ter unha colisión cun coche na N-640, no quilómetro aproximado 134, ao seu paso por Esporiz, en Monterroso. Nun primeiro momento xa indicaban que podería haber persoas feridas.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse ao GES de Monterroso, os cales cando chegaron ao lugar indicaron que a única ocupante do turismo non podía saír del, xa que as portas non abrían, polo que tiveron que empregar o material de excarceración para liberala. A maiores, neste operativo tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil.
Publicidade
Finalmente, e debido á colisión, tres persoas resultaron feridas, a condutora do turismo e o paciente e o acompañante da ambulancia.
Comments