top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Tres nenos feridos despois dunha colisión por alcance con catro coches implicados en Ridadumia

Ecos da Comarca/Xeral

Tres nenos feridos despois dunha colisión por alcance con catro coches implicados en Ridadumia. Os rapaces foron evacuados por un familiar.

Pouco antes das 17:30 horas desta tarde, un particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente entre catro vehículos, na parroquia de Barrantes.


Publicidade

Pese a que o alertante explicara que só se produciran danos materiais, os membros de Protección Civil de Cambados, unha vez xa no lugar onde ocorreu a colisión, indicaron que había un total de tres nenos feridos que finalmente foron trasladados por un familiar.

Protección Civil permaneceu no punto á espera dun guindastre para poder retirar un dos turismos accidentados.


Publicidade

Ademais de Protección Civil de Cambados, desde o 112 Galicia tamén se informou aos Bombeiros de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Ribadumia.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page