Tres medallas para o Club Atletismo Deza no Campionato Galego Máster de pista cuberta
- ecosdacomarca

- 18 ene 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
A pasada fin de semana o Club Atletismo Deza participou no Campionato Galego Máster de pista cuberta en Ourense con tres atletas desta categoría. "Tras varios anos asistindo a este tipo de probas con tan só un atleta do noso club, nesta proba participamos con tres: María del Mar López, Emilio Fernández e Antonio Riera".
Os tres atletas deron bos resultados para o club. Pola súa banda, María del Mar López
proclamouse subcampiona 4x200 mixto co SD Compostela Atletismo, "equipo do que somos filiais". Ademais obtivo un quinto posto en 60 ml e en 4x200 feminino. Así mesmo, Emilio Fernández obtivo un cuarto posto en 1.500 ml. Por último, Antonio Riera proclamouse campión de 800 ml e subcampión nos 1.500 ml.
"Para o club é unha honra que estes atletas desen tan bos resultados e agardamos seguir
participando neste tipo de probas. Ademais, esta fin de semana asistiremos con diferentes
categorías á Copa Deputación de Lugo", indica o club.












Comentarios