top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Tres galaicos polos "trilhos" do Marão

Ecos da Comarca/Deza

Esta fin de semana celebrouse en Amarante o UTM Marão, no que o GTR tivo triple representación.  Na distancia de 60 km e 4.200 metros de desnivel positivo participou Manuel Conde, voltando ás carreiras por montaña e acadando un espectacular segundo posto da súa categoría e 11º da xeral. 

Na distancia de 40k e 2.400 metros positivos participou Javier Carballude, sendo a súa primeira toma de contacto ca distancia "maratón" e con sensacións moi favorables, rematando top 50.


Publicidade


"Ambas dúas carreiras anteriores celebráronse o sábado, cunhas temperaturas elevadas durante o día e un forte aire nas cimas máis altas da Serra do Marão. Percorridos técnicos e fermosos, cunhas fermosas visuais de toda a Serra", sinala o club.


Publicidade

O domingo foi a quenda de Andrea Vázquez, na carreira de 25 km e 900 metros positivos. Nunha xornada dominical moi calurosa, a atleta acadou un fenomenal quinto posto da xeral feminina e baixando en case 7 minutos o seu propio tempo do ano 2023.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page