Tres feridos nun accidente de tráfico na parroquia agoladesa de Berredo
- IsmaelRS

- 26 jul 2022
- 1 min de lectura
IsmaelRS/Agolada

Os servizos sanitarios liberaron aos ocupantes do vehículo e posteriormente trasladáronos en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
O accidente produciuse no punto quilométrico 595 da PO-840, á altura da parroquia de Berredo.
Unha das persoas implicadas no sinistro comunicouse co 112 Galicia, uns minutos antes das 13:30 horas. Segundo indicaba, había tres persoas feridas, dúas delas atrapadas.
De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar do accidente, aínda que, finalmente, as persoas feridas foron evacuadas en ambulancia.
Tamén, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros do Deza, ao GES de Lalín, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.







Comentarios