top of page

Tres días de loito oficial en Agolada polas vítimas do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

Os Concellos de Agolada e Lalín gardaron hoxe silencio en memoria dos afectados


Laura Moure/Deza

O Concello de Agolada gardou hoxe, a unha do mediodía, un minuto de silencio polas vítimas do autobús siniestrado esta Noiteboa en Cerdedo-Cotobade. No mesmo pereceron sete persoas e hai dous supervivientes. Das vítimas, tres residían en Lalín e unha en Agolada, aínda que deses dous veciños de Lalín, dous, nai e fillo, eran naturais da parroquia agoladesa de Brántega. O Concello ademais decretou tres días de loito oficial.

ree

"Decretamos tres días de loito ofical que comezará hoxe, día 26, durante os cales as bandeiras de todos os edificios municipais ondearán a media hasta", sinala o Concello.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cabe mencionar que onte a oposición, o Partido Popular, tamén demandou decretar loito oficial e é algo que tamén decidiu a Corporación Municipal de Lalín. Nesta localidade decretouse dous días de loito que xa comezou onte pola noite. Ademais o Concello de Lalín acolleu esta mañá unha concentración silenciosa en memoria dos veciños falecidos nesta traxedia.

NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page