top of page
Foto del escritorLaura Moure

Tráfico escoltará a volta ciclista 'O Gran Camiño', que pasará por Monterroso e Palas, cun dispositivo de seguridade de 40 Gardas Civís

Laura Moure/Xeral

O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia escoltará á volta ciclista “O Gran Camiño”, que tamén pasará por Monterroso e Palas de Rei, cun dispositivo de seguridade viaria de 40 Gardas Civís.

O día 22 de febreiro na localidade da Coruña, comezará a rodar polas estradas galegas, a volta ciclista “O Gran Camiño International Galician Tour”, proba consolidada no calendario ciclista e que supoñerá o regreso do pelotón profesional á comunidade.


Para iso, e durante os catro días da proba deportiva, o Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, dispoñerá dun nutrido operativo

humano e material para dar cobertura e seguridade a ciclistas participantes e usuarios da vía, supoñendo un importante esforzo de preparación e execución.


Publicidade

O Sector de Tráfico de Galicia dispuxo 40 gardas civís, de entre eles 33 motoristas, para conformar a Unidade de Mobilidad e Seguridade viaria, que acompañarán aos ciclistas durante todo o seu percorrido, axentes seleccionados pola súa experiencia e coñecementos neste tipo de probas, que supoñen un plus de esforzo e dedicación.


Contarán ademais co apoio de 27 compoñentes da ARS (Agrupación de Reserva e Seguridade), con base en Pontevedra, que

asegurarán o percorrido ante calquera alteración da orde pública.


Publicidade

Ao mando do Tenente Alfonso Cadrado Vilar, xefe do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, a Unidade de Mobilidad e Seguridade viaria, entre o xoves 22 e domingo 25, acompañará ao pelotón ciclistas polas catro provincias da comunidade.


Publicidade

O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia recomenda que durante as xornadas de celebración da proba deportiva, os cidadáns infórmense dos itinerarios do percorrido e posibles alternativas viarias, así como respectar as indicacións dos gardas civís encargados da seguridade do dispositivo.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page