Touro rexistra un accidente de tráfico
- ecosdacomarca
- 24 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Gabinete de Comunicación do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña informa que este sábado tivo lugar un accidente de tráfico no municipio de Touro.

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 13:00 horas debido a que un vehículo saíuse da vía con posible atrapado no concello de Touro.
Publicidade
"Ao final, o único ocupante logrou saír do vehículo polo seu propio pé, e a nosa chegada xa estaba sendo atendido por medios sanitarios", sinalan os Bombeiros. Ademais dos Bombeiros, completaron o operativo Protección Civil de Touro e o 061.
Comments