top of page

Touro promociónase en Fitur como parada imprescindible na ruta dos peregrinos en bicicleta Eurovelo3

Esta cita tamén serviu para chegar a diferentes acordos con municipios polos que pasa Eurovelo como Arzúa, Sarria ou Pedrafita do Cebreiro


Laura Moure/Touro

Os concelleiros de Turismo e Promoción Económica de Touro asistiron estes días á Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid, co obxectivo de tecer alianzas estratéxicas con turoperadores e organismos oficiais para favorecer a comercialización do destino Touro no marco desta ruta cicloturista europea.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tanto organismos oficiais (como a coordinadora nacional de Eurovelo) como empresas privadas, amosaron interese pola difusión do itinerario e destacaron o seu potencial como destino cicloturista dada a súa riqueza patrimonial e paisaxística, destacando recursos como o campamento romano do Castrillón, a centenaria carballeira de Brandelos coas súas augas mineromedicinais ou a paisaxe de ribeira do río Ulla. Este interese traducirase a curto prazo en diferentes paquetes turísticos que incluirán os aloxamentos e a restauración de Touro entre os seus produtos e que serán comercializados a través de axencias con alcance internacional.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Esta cita tamén serviu para chegar a diferentes acordos con municipios polos que pasa Eurovelo como Arzúa, Sarria ou Pedrafita do Cebreiro, unha alianza que queda aberta a calquera outro concello polo que discorra o itinerario. Nas vindeiras semanas preténdese formalizar un acordo polo que, en colaboración con TURESPAÑA, os municipios promocionarán a ruta na maior feira de cicloturismo europea que se celebrará a finais de febreiro nos países baixos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os concelleiros tamén celebran a boa acollida que tiveron os novos trípticos promocionais de Eurovelo ao seu paso por Touro (traducidos ao inglés e holandés) que se esgotaron en varias ocasións no stand de Turismo de Galicia.



Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page