Touro pide a participación cidadá para elaborar o Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes
- ecosdacomarca
- 3 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Nas vindeiras feiras do día 5 de cada mes haberá unha carpa específica do Concello para cubrir unhas enquisas e como punto de atención
Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro está a levar a cabo a elaboración dun diagnóstico participativo para a elaboración do próximo Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Para iso, están a pasarse enquisas a toda a veciñanza que queira cubrilas para determinar a situación, necesidades e prioridades de actuación que cada un dos sectores poboacionais sinale no noso territorio.
Publicidade
Nas vindeiras feiras de día 5 de cada mes haberá unha carpa específica do Concello, como un espazo non só para cubrir estas enquisas pola veciñanza en xeral (en formato impreso ou formulario en liña), senón tamén como un punto de atención, información, sensibilización e visibilización da problemática da igualdade de oportunidades, a prevención da violencia de xénero e a diversidade.
Publicidade
"Convidamos a todas e todos a participar activamente, sendo protagonistas activos e construíndo colaborativamente o vindeiro Plan de Igualdade", sinala o Concello.
Comments