top of page

Touro participará na manifestación do 8M do tecido asociativo de mulleres reunidas en Compostela

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Concello pon a disposición un autobús e o prazo para anotarse remata hoxe, día 4


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro participa na manifestación do próximo sábado 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres en Santiago de Compostela, baixo o lema feito no CPI de Fonte Díaz para a ocasión: 8M=FORZA: substantivo FEMININO. Capacidade para vencer unha resistencia.


O lema, que reivindica este 8M a palabra forza, cuxo xénero é xustamente feminino, segundo o Dicionario da lingua galega, e que significa a capacidade para vencer unha resistencia. Porque é esa forza feminina a que rompeu de forma pacífica con todos aqueles obstáculos que histórica e culturamente foron impostos socialmente ás mulleres. Esa forza feminina é máis grande cando marchamos unidas e unidos nunha soa reinvindicación: dereitos e igualdade na diversidade.


Por iso, o Concello pon ao dispor da veciñanza un autobús para o traslado de ida e volta á manifestación en Santiago de Compostela, organizada polo tecido asociativo de mulleres, a cual dará inicio este ano ás 18 horas, na Praza 8 de marzo. A hora de saída desde Touro é ás 17 horas, desde o Concello. O prazo está aberto para anotarse ata hoxe, martes, 4 de marzo.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, a comunidade educativa e o Concello convidan a toda a venciñanza a unirse á Concentración para conmemorar a efeméride, o venres 7 de marzo, ás 12:00 no Campo da Festa. Farase lectura do Manifesto conxunto do CPI e do Concello.


Nesta Concentración ademais, levarase a cbao unha posta en común das pílulas audiovisuais de entrevistas a mulleres referentes de Touro, realizadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI, nas que se se dá conta da experiencia vivida de mulleres de xeracións diversas en Touro e que marcaron co seu exemplo e o seu traballo ao alumnado. Estas pílulas serán difundidas polo Concello a través das súas canles de difusión durante os días anteriores e posteriores ao 8M.

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page