Touro mellora os accesos ás aldeas con máis de 300.000 euros financiadas pola Deputación
- ecosdacomarca
- 14 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro recepcionou nas últimas semanas o
primeiro lote do ano 2025 de obras de melloras de viario público financiadas pola
Deputación da Coruña. O importe total de execución destas obras ascendeu a máis
de 305.000 euros.

Os investimentos executados foron os seguintes:
● 70.220 euros no Asfaltado de Touro a Novefontes e Asfaltado A Muíña (Quión).
● 82.640 euros en Asfaltado de Tarrío a Belvís (Bama), Asfaltado de Liñarede á Quintá (Quión), Asfaltado á aldea da Ribeira (Turces), Asfaltado de Rilo a Cezar (Calvos) e Beiravías no núcleo de Corneda (Prevediños).
Publicidade
● 53.020 euros euros no Aglomerado en Subres (Cornado) e Asfaltado de Beseño de Abaixo.
● 39.420 euros Asfaltado en Oca de Riba (Beseño), Asfaltado en Campelo (Bama) e Asfaltado da estrada de Millares Pequeno a Millares Grande (Prevediños e Bama).
● 60.220 euros Aglomerado da Igrexa a Beseño de Baixo e Beseño de Riba.
Comentários