top of page

Touro informa das condicións de uso e reserva do ximnasio e do pavillón polideportivo municipal

Estas medidas terán carácter provisional, xa que o novo goberno local está traballando para implementar a apertura automática canto antes


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro informa das condicións de uso e reserva do ximnasio e do pavillón polideportivo municipal. Así o novo goberno local sinala que é obrigatorio acudir ó Concello, para cubrir e asinar a folla de reserva e a declaración responsable e que as reservas faranse no Consistorio, de luns a venres,en horario de 9 a 14:30 horas, en concreto no departamento de Deportes.

En canto á recollida e depósito de chaves:

  • Para reservas será en horario de 9 a 14:00 horas.

  • Recollida: no departamento de Deportes, 10 minutos antes da hora da reserva.

  • Depósito: no momento de rematar a actividade e non máis tarde das 14:30 horas.


Publicidade

Para reservas en horario de 16 a 23 horas:

  • Recollida: no departamento de Deportes de 9 a 14:30 horas.

  • Depósito: no departamento de Deportes, a primeira hora do seguinte día laborable.

Para reservas en días non laborais, os interesados deben consultar a dispoñibilidade no departamento de deportes.


Publicidade

Así mesmo, o Concello recalca que o acceso ás instalacións deportivas supón a aceptación da normativa de uso e que a Concellería de Deportes reservarase o dereito de modificar as condicións de uso, previo aviso ás entidades ou persoas usuarias da instalación afectadas.


Ademais, indica que se suspenderá o dereito ó uso das instalacións:

  • Cando non se respeten as normas de uso.

  • Cando se produzan deterioros ou desperfectos nas instalacións.

  • Cando perige a integridade física dos participantes.

  • Cando existan outros compromisos adquiridos pola Concellería.

  • Calquera outra causa que o xustifique.

Por último informa que os usuarios teñen dereito ó uso do equipamiento e material deportivo preciso para a actividade que realicen; para acceder con material ou equipamento propio deberá solicitarse autorización previa; é obrigatorio o uso de indumentaria e calzado deportivo adecuado á actividade deportiva practicada e á instalación na que se desenvolva; non se pode fumar nin acceder con envases de vidrio ou metálicos así como comer ou consumir bebidas alcohólicas ou calquera outra sustancia perxudicial para a saúde; está prohibido acceder con animais, agás cans guía e que o Concello de Touro non se fará responsable de calquera tipo de incidente acontecido como consecuencia do incumprimento das normas ou de imprudencias dos usuarios.


Estas medidas terán carácter provisional, xa que o Concello de Touro está traballando para implementar a apertura automática canto antes.



0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page