top of page

Touro festexa o día dos máis pequenos da casa

Inchables, música, obradoiros, pasarrúas circense, a festa da escuma e as viaxes nun tren turístico marcaron a xornada festiva


Laura Moure/Touro

O tren turístico onte nas súas viaxes. Autor: Ecos da Comarca.

Touro poñerá hoxe o broche final a catro días de festas na honra a San Xoán. Sardiñada, moita música e ganas de pasalo ben centraron estas xornadas festivas. Pero a de onte, domingo, foi unha das máis especiais xa que se celebrou o Día do Neno, uhna xornada organizada polo Concello.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Praza do Luar, onde están ubicadas as pistas de xogo e a piscina municipal, en Fonte Díaz, foi o escenario no que desfrutaron os pequenos da casa. Houbo inchables, música, obradoiros e pasarrúas circense. Numerosas nenas, nenos e maiores pasaron por alí ao longo dunha tarde solleira de verán. Un tren turístico tamén percorreu os arredores de Fonte Díaz para desfrute de pequenos e maiores, marcando ao longo de toda a tarde o ambiente festivo xa que coa súa música ía animando cada rincón e a bocina sonaba a medida que se ía atopando con xente, mentres os seus ocupantes saudaban todos felices, tanto cativos como grandes.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os concelleiros Angélica Lamas Louzao e Darío Rey Suárez achegáronse ata a Praza do Luar ao longo da tarde para compartir uns momentos coa veciñanza de Touro. O remate chegou tamén algo moi agardado que sempre é un gran atractivo para os nenos: a festa da escuma que ademais, coas altas temperaturas sempre é unha gran oportunidade para refrescarse. "Foi unha divertida tarde de verán de xogos", recalca o Concello.

A festa da escuma de onte. Fonte: Concello de Touro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page