Touro e O Pino rexeitan o uso interesado do Ilustre Colegio Oficial de Xeólogos a favor da mina
- ecosdacomarca

- 4 ene 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro/O Pino
Cornado Mina Non considera lamentable "o uso que Pablo Núñez Fernández, delegado en
Galicia da entidade, está a facer dunha institución que debería ser de referencia -e por definición neutral- a prol dos intereses privados de Atalaya Mining e a súa filial Cobre San
Rafael. Núñez parece esquecer que o cobre non forma parte da lista de materias primas sinaladas como críticas pola Comisión Europea e que non é licito mezclar o seu interese particular como empregado da multinacional coa utilización interesada do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG) a prol dun proxecto como a mina de Touro, cancelado pola
Administración autonómica e maioritariamente rexeitado pola sociedade galega", subliña.
En realidade, asegura "a súa aposta pola “minería sostible” non é outra que o soporte ao negocio de Atalaya Mining e a súa filial nun plan extractivo recoñecido polos seus moitos problemas, a meirande parte dos cales, especialmente no plano ambiental, son insalvables na práctica".

Por outra parte, recalca que "non deixa de sorprender a continua manipulación das cifras diante da opinión pública, pois si o pasado mes de marzo desde Cobre San Rafael falábase en prensa de 200 millóns de euros de investimento para a mina de Touro agora Pablo Núñez eleva esta cifra ata os 2.500 millóns, hai que supoñer que confiando na estupidez da audiencia ou na súa mala memoria".
Como xa fixo constar a plataforma veciñal en novembro, "é totalmente inaceptable que Núñez, como empregado de Cobre San Rafael e tamén membro da súa asociación
instrumental de “Mineiros Touro O Pino”, esté a falar en nome de todas as xeólogas e xeólogos colexiados de Galicia cando nin todos saben que isto acontece a prol do interese
económico particular dunha empresa nin por suposto todos están a favor, porque aparte das tarefas de exploración e investigación mineira este colectivo profesional tamén traballa en moitos outros ámbitos diferentes, como en centros de ensino de educación media e superior ou ciencias como a vulcanoloxía ou oceanografía, contextos sen dúbida indispensables a nivel social que nada teñen que ver coa búsqueda do máximo rendimento económico para o negocio privado dun pequeno grupo de investidores".






Comentarios