top of page
Foto del escritorLaura Moure

Touro destina 30.000€ do Plan Social da Deputación para axudar no pago da luz a familias vulnerables

O prazo de solicitude será desde o día 15 ata o 30 de novembro


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro destina 30.000 euros do Plan Social da Deputación para axudar nos pagos de electricidade a familias vulnerables.


Requisitos económicos dos fogares beneficiarios (que cumpran algún destes requisitos):


Publicidade

  • Pensionistas que perciban a contía mínima vixente.

  • Os beneficiarios do ingreso mínimo vital.

  • Os beneficiarios da RISGA.

  • Persoas en risco de exclusión social que carezan de medios económicos suficientes.

  • Fogares con ingreso máximo anual de:

- 1 membro adulto: menos de 16.212 euros

- 2 membros adultos: menos de 20.265 euros

- 3 membros adultos: menos de 24.318 euros

(por cada membro menor de idade increméntase o ingreso en 6.079 euros)



Publicidade

Contía da axuda: Ata 150 euros por beneficiaria e o prazo de solicitude será desde o 15 ata o 30 de novembro.


Os interesados poden obter máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro de maneira presencial ou a través do teléfono 981 504 029.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page