top of page

Touro convoca o seu XVI Concurso de Fotografía 'Touro en Imaxes'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Repartirá en premios 600 euros e dúas tablets


Laura Moure/Touro

Un ano máis, o concello de Touro convoca o concurso de fotografía Touro en Imaxes, que será a súa XVI edición. "Ten como obxectivo a revalorización do patrimonio natural e cultural destas terras nas mans da mocidade e dos que xa a pasaron, coa súa particular ollada da nosa contorna", indica o Concello. "É unha oportunidade para gozar polos diferentes camiños de Touro, da súa beleza paisaxística e cultural".

O Consistorio de Touro. Autor: Ecos da Comarca.

Haberá dúas categorías: Adulto e Xuvenil e cada autor poderá presentar un máximo de catro imaxes, pero só será premiada unha obra por autor, e clasificaranse en dúas temáticas: natureza e patrimonio histórico-cultural. O prazo de presentación comezará o 20 de setembro e rematará o 5 de novembro de 2021.


Establécense os seguintes premios:

  • Categoría Adultos (maiores de 18 anos):

  1. Natureza: 300 euros.

  2. Patrimonio histórico-cultural: 300 euros.


  • Categoría Xuvenil (de 12 a 18 anos):

  1. Natureza: unha tablet.

  2. Patrimonio histórico-cultural: unha tablet.


Os interesados poden obter toda a información das bases no seguinte enlace:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page