top of page

Touro celebrará o luns un pleno para abordar a renovación da autorización ambiental da empresa TEN

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Este foi solicitado pola Marea Veciñal e poderá asistir público


Ecos da Comarca/Touro

O vindeiro luns 29 de novembro ás 13:30 terá lugar un pleno extraordinario na Casa da Cultura de Touro solicitado polo partido veciñal para abordar a renovación da autorización ambiental da empresa TEN S.L ao que podrá asistir público.

"No ano 2015, ano da outorgación da licenza, o Concello non presentou ningunha alegación e trasladoulle á Consellería que todo funcionaba correcto e que non había problemas, negándolle á veciñanza a información precisa para que poidesen presentar alegacións. Barra libre para a empresa para seguir incumplindo ao mesmo tempo que minimiza o seu gasto ao non ter que contratar máis traballadores para cumplir a lei e xestionar os residuos acorde á súa capacidade", asegura a Marea Veciñal de Touro. "Os cheiros insufribles que levamos anos padecendo en Touro son consecuencia do colaboracionismo do alcalde Ignacio Codesido que en todo este tempo negouse a levar a cabo unha auditoría para detectar posibles irregularidades (a proposta do noso colectivo) ou non presentou unha sola denuncia polos episodios de cheiros en todos estes anos (ningunha)", recalca.


Sen embargo, incide en que "as cousas mudaron e agora xa non pode facer o que fixo en 2015. Por iso convocamos un pleno para que o Concello adopte unha postura ante un tema que é de interese xeral para a veciñanza. Por iso lle resultamos incómodos, porque os métodos caciquiles vánselle vindo abaixo. Agora a veciñanza SI poderá participar".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page