top of page

Touro celebra mañá, domingo 27, o XVI Folk in Río

A cita está organizada pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla


Laura Moure/Touro

Touro acollera mañá, domingo, 27, unha nova edición do Folk in Río, que xa é a 16ª. A cita festiva inclúe cantos de taberna, xantar campestre, polbeiro con carpa, feira de artesanía, xogos tradicionais, animación infantil e boa música. A xornada está organizada pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla.

Dende as 12 ás 14:45 horas terán lugar os Cantos de Taberna. Deste xeito, as rúas de Touro encheranse de voces, risos e ritmos tradicionais cos 14 grupos taberneiros, que porán a festa a bailar polas tabernas do pobo.


Participan:

•Peis D’Hos

•Reviravolta

•Raíñas ao lado de…

•Brincadeira de Carbia

•Axóuxeres de Cornado

•Sarillo de Aiazo

•Son de Gaita

•Gharatuxa

•Fraghullas

•A Pinguela de Bama

•Os de Castrosúa

•Arrincadeira

•Os Trasnos

•Os da Taberna

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E os bares participantes son: O Barranco, Louzao, Sys, Nito, Carpe Diem e Peneira.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A cita complétase con xantar campestre, polbeiro con carpa, feira de artesanía, xogos tradicionais, animación infantil e boa música. Actuarán Brais das Hortas, Fondaos do Pífaro, Alana e Ailá.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page