Laura Moure/Touro

Os concelleiros de Turismo e Promoción Económica do Concello de Touro manterán diversas reunións a vindeira semana durante a celebración da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid. Por unha banda, reuniranse con representantes da coordinadora estatal de Eurovelo de cara a firmar un acordo polo que esta organización traballará en colaboración coa entidade municipal para conseguir o recoñecemento por parte da igrexa como itinerario Xacobeo da EuroVelo 3 Ruta de los Peregrinos .
Publicidade
Nesta reunión, na que participará o presidente da Federación Europea de Ciclismo, tamén se abordarán temas como a comercialización de Touro como destino cicloturista en Holanda, tecendo alianzas con entidades públicas e privadas. Na axenda dos representantes municipais tamén figuran encontros con axencias de viaxes especializadas no Camiño de cara a conseguir que inclúan Touro nos seus paquetes.
Publicidade
Nesta feira tamén presentarán un tríptico (traducido ao inglés e holandés) no que se visibiliza Touro como parada imprescindible no percorrido da ruta dos peregrinos, e
que tamén será repartido entre o sector da hostalaría local e os aloxamentos.
Por outra banda, tamén asistirán a un encontro con consultores especializados en
conseguir fondos europeos para a dixitalización turística do concello.
Publicidade
Comments