É gratuíto e estará impartido pola Fundación Mujeres e é necesario inscribirse
Ecos da Comarca/Touro
O concello de Touro acollerá os itinerarios de empoderamento de mulleres para a inserción social e laboral impartido pola Fundación Mujeres. É totalmente gratuíto e en concreto, leva por título Alicia. Activando a Igualdade.

Consistirán en 11 días de formación presencial relacionadas coa procura de
emprego, coa seguinte temática:
• Habilidades sociais
• Condicións laborais
• Competencias profesionais
• Obxectivo profesional e autoemprego
• Habilidades sociolaborais no mercado de traballo e a súa procura
• Uso de computador para procura e estratexias de emprego
• Titorías personalizadas de orientación laboral
Publicidade
Levarase a cabo os mércores e venres dende o 9 de outubro ata o 20 de novembro en horario de 10:00 a 13:00 horas e impartirase na Axencia de Lectura Municipal de Touro “Xosé Neira Vilas”. Isabel II, 26, Fonte Díaz, Touro.
É necesario inscribirse e facer unha entrevista inicial coa persoa formadora. O prazo está aberto dende hoxe venres, 20 de setembro, ata o 4 de outubro. As interesadas deben anotarme no Concello de Touro, a través do teléfono 981 504 029 ext. 2010 ou por correo electrónico: xiomara.lazo@concellodetouro.gal A través destas vías tamén poden obter máis información e resolver calquera dúbida.
Publicidade
Requisitos:
• Mulleres españolas desempregadas ou que estean en mellora de emprego
• Mulleres migrantes con permiso de traballo
O programa inclúe ademais intermediación laboral, prácticas en empresas, se así o demandan as participantes, e cóntase con bolsa de emprego para facilitar a inserción.
Por outra banda, tamén existe a posibilidade de formación ocupacional online e para a que pode haber préstamo de tablets, pero darase máis información unha vez empezado o curso.
تعليقات