Touro albergará o 19 de xullo unha nova edición do Folk in Río
- Laura Moure

- 6 jul
- 1 min de lectura
A cita está organizada pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla e terá lugar na Área Recreativa da Santaia
Laura Moure/Silleda
Touro acollerá o vindeiro 19 de xullo unha nova edición de Folk in Río, unha cita festiva que volverá converter este enclave nun punto de encontro para a música tradicional, a cultura popular e a convivencia veciñal. A cita está organizada pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla e terá lugar na Área Recreativa da Santaia. O evento contará coas actuacións de A Requinta de Lampai, Unto Vello e Son das Tabernas, nun programa pensado para gozar do folk, dos cantos de taberna e do ambiente festivo ao longo de toda a xornada.

PUBLICIDADE
Deste xeito, e un ano máis, a programación combinará a vertente musical cunha ampla oferta de actividades paralelas para todos os públicos. Entre elas figuran un xantar campestre, un polbeiro con carpa, unha feira de artesanía, xogos tradicionais, photocall e tamén cantos de taberna, reforzando así o carácter participativo e popular da cita.
PUBLICIDADE
Grupos que participan no Cantos de Taberna:

PUBLICIDADE
Folk in Río continúa apostando por un formato no que a música en directo se mestura coa gastronomía, a artesanía e as tradicións, creando unha xornada pensada para compartir en familia ou entre amizades. A organización busca así consolidar esta celebración como unha referencia estival arredor da cultura popular galega.









Comentarios