Touro acollerá o día 9 as XV Xornadas Micolóxicas e un showcooking de produtos de outono
- ecosdacomarca
- 18 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Hai prazas limitadas e o prazo para anotarse acabará o 29 de outubro
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro acollerá o sábado 9 de novembro as XV Xornadas Micolóxicas así como un showcooking con produtos de outono. É necesario inscribirse, xa que hai prazas limitadas, e o prazo xa está aberto ata o 29 de outubro.

Programa das XV Xornadas Micolóxicas:
9:45 horas: Encontro ao lado da igrexa de Fonte Díaz.
10 a 13:30 horas: Saída ao monte (Roteiro).
17 a 18:30 h: Exposición e explicación das especies colleitadas na Casa da Cultura.
18:30 horas: Charla Cogomelos tóxicos e tipos de intoxicación na Casa da Cultura.
Estará impartida por José María Costa Lago, membro da Asociación Micolóxica-Naturalista Pan de Raposo
Hai 40 prazas e o prezo é de cinco euros.
Publicidade
Por outra banda, o showcooking de produtos de outono será a cargo de Henrique Sparrow. Será de 20 a 21 horas na Casa da Cultura. Hai 25 prazas e o prezo é de tres euros.
Os interesados en participar nestas iniciativas teñen que anotarse no departamento de Cultura do Concello de Touro ou a través do seguinte teléfono 981 504 029. Hai de prazo ata o 29 de outubro.
Comments