Touro acollerá o día 3 unha xornada para coñecer as ferramentas da administración electrónica
- Laura Moure
- 20 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Está incluída na nova acción da Subdelegación do Goberno para achegar todas as vantaxas da mesma ao rural, como a obtención do certificado dixital
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro acollerá o 3 de marzo, a partir das 11:30 horas, na Casa da Cultura a celebración dunha xornada informativa, no marco do Plan de Achegamento da Administración á Cidadanía. Cabe mencionar que hai uns meses publicamos unha noticia sobre que ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, asinou un convenio de colaboración co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, para impulsar o proxecto de achegamento da Administración á cidadanía do mundo rural.

Esta colaboración entre a Administración Xeral do Estado (AGE) e a FEMP, a través do Plan A Administración preto de ti, servirá para achegar a Administración Xeral do Estado no Territorio á cidadanía, coa finalidade de facer efectivo o dereito de acceso a todos os servizos públicos dos cidadáns con independencia do seu lugar de residencia. E ao longo das últimas semanas esta iniciativa chegou xa a varios concellos das comarcas.
Entre as cuestións que poderán aprender os asistentes está a obtención do certificado dixital e a Cl@ve permanente para poder acceder ás administracións públicar e realizar dende a casa distintos trámites.
Comments