top of page
Foto del escritorLaura Moure

Touro acollerá o día 29 o espectáculo 'O afiador do mago Teto' dirixido ao público familiar

Será na piscina municipal e é necesario anotarse


Laura Moure/Touro

A piscina municipal albergará o 29 de xullo, ás 20:00 horas, o espectáculo O afiador do mago Teto, dirixido ao público familiar. Ten unha duración de 60 minutos

A piscina municipal de Touro onde terá lugar o espectáculo.


É un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago e no que para os efectos de maxia empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas, paraugas...


Para asistir é necesario anotarse previamente a través dos teléfonos 981 814 566 ou 981 504 029 ou do correo electrónico cultura@concellodetouro.gal

A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto, tal e como recalca o Concello.

Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (20:00 horas) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page