Para ver O pozo das señoras é preciso inscribirse previamente
A Casa da Cultura de Touro. Foto: Ecos da Comarca
Laura Moure/Touro
A Casa da Cultura de Touro acollerá, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, O Pozo das mulleres. A cita será o vindeiro mércores, 10 de marzo, ás 17:00 horas. Está dirixido ao público familiar e ten unha duración de 50 minutos
O pozo das señoras, tal e como indico o Concello de Touro, é un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. O elenco compóñeno Vero Rilo e Sonsoles Penadique, que ademais son as directoras do espectáculo. Cun marcado compoñente de xénero leva rodando desde 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros e fontes de todo o país.
Cabe recalcar que a celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid-19, polo que o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto. Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do coronavirus prégase acudir con anticipación á hora sinalada, ás cinco da tarde, para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
Ademais, será necesario inscribirse previamente ben a través do teléfono 981 814 566 ou do correo electrónico cultura@concellodetouro.gal
Comments